Eu e Julia levabamos dúas horas mirando a
parede en branco. Dende logo non ia deixar ca pintara de amarelo. Odio o amarelo,
é a cor de todas as calamidades, por algo estaba prohibida no teatro. Por moito
que a mesturara con branco e pasase a ser unha cor pastel non deixaba de ser
amarelo. Ademais, xamais entenderá esa necesidade de pintar as paredes de amarelo pastel, era unha harmonía demasiado
habitual e convertía a habitación nunha habitación. Por outra parte o azul non
era un cor cálido pero si aportaba relaxación e estabilidade no cuarto. Era o
lóxico, posto que o salón sería o lugar no que libraríamos todas as nosas
batallas. O máis sensato era escoller unha cor que freara o noso impulso
asasino, e esa cor era o azul.
E así, en silencio sepulcral levabamos dúas
horas, mentres comiamos os fideos tailandeses, mirando aquela parede en branco.
- Está ben... – dixo en ton de
rendición e desespero – pintarémola de verde.
- De verde? – iso non era o que
esperaba escoitar – de verde por que?
- Colleremos o meu amarelo pastel e
mesturarémolo co teu azul non tan pastel.
- ... – supoño que me tocaba ceder,
ao fin e ao cabo o verde era moito mellor que o amarelo pastel – Vale.
Ela pousou o prato sobre o parqué e sorriu,
sabía que ese “vale” era consecuencia dunha loita interna que aínda non
rematara. Miroume de reollo e volveu á parede en branco.
- Que che parece se poñemos un papel
pintado cor verde con estampados florais nun ton verde máis escuro?
- ...
- E podemos poñer unha butaca de
Katie Thompson?
- Escollo eu a butaca. – a verdade é
que me encantaba Katie Thompson.
- Feito.
Sobreviviramos ao primeiro asalto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario