jueves, 19 de abril de 2012

Rosa chicle

Percorrer rúas infinitas con infinitos edificios. Perderse onde non se atopan finais. Buscalos. Darte de conta de que o único que podes facer e volver cara atrás ou cambiar de dirección. Cambias de dirección. Máis rúas infinitas con infinitos edificios sen finais. Cambias de dirección. Non queres pensar. Cambias de dirección. Rúas infinitas máis infinitos edificios. Abres a porta da casa e tentas recordar como chegaches.



No hay comentarios:

Publicar un comentario